Saturday 27 de April de 2024

Aviones: Equipo de rescate, este sábado na Tarde de cine do Concello de Ordes


Esta fin de semana os nenos e nenas de Ordes teñen unha nova Tarde de cine. Concretamente será o sábado, 12 de novembro, ás 17 horas no auditorio da casa da cultura. A película que se proxectará nesta ocasión é a de Aviones: Equipo de rescate. Tarde de cine é unha iniciativa desenvolvida polo Departamento de Cultura do Concello de Ordes en colaboración da Deputación da Coruña.